Os alumnos de sexto desenvolveron esta actividade por mor do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que quedou exposta nos xardíns do Concello de Moaña. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación.
Pinchando na foto iredes ao blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística onde podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.