xoves, 29 de abril de 2021

CHARLAMOS COA AUTORA DA NENA, O MONSTRO E O MAR

Hoxe contamos coa visita virtual da escritora Teresa González, a autora do  libro "A nena, o monstro e o mar". Co libro xa rematado poidemos preguntarlle todas aquelas dúbidas e curiosidades que nos xurdiron. O certo é que desfrutamos da charla tanto coma do libro, foi xenial!




xoves, 22 de abril de 2021

ANXO MOURE EN SEARA

 No Día da Terra recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos e escritor, que chegou a Seara para convencernos, a través das palabras e da poesía, do importante que é que coidemos o noso planeta.







venres, 9 de abril de 2021

OBRADOIRO CON CHARO PITA

A volta das vacacións tiñamos unha sorpresa: un obradoiro coa escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Con ela aprendemos un pouquiño de como preparar e falar nun programa de radio. Tratábase dun programa sobre Aventureiras intrépidas e aínda que so tivemos a oportunidade de escoitar da súa man a vida de Mary Kingsley, quedamos absolutamente engaiolados polas peripecias que viviu esta aventureira.







xoves, 8 de abril de 2021

FALANDO COA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ

Hoxe unímonos á xuntanza virtual que o Faro da Escola organizou coa escritora Teresa González, a autora de A nena, o monstro e o mar. Éramos moitos os coles invitados e como aínda non remataramos de ler o libro tivemos que tapar os oídos nalgún momento para non enterarnos do final da historia, pero foi moi interesante. Ademais tivemos a oportunidade de preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades que tiñamos.





xoves, 1 de abril de 2021

ECO-RETO DO MES DE ABRIL

 Neste gráfico podedes ver a cantidade de plástico e papel que producimos no mes de marzo por aulas:

O reto do mes de abril consiste en intentar reducir a cantidade de plásticos e papel que botamos á reciclaxe. Ánimo!


Aquí tedes un interesante vídeo sobre o tema: