sábado, 8 de xuño de 2019

venres, 7 de xuño de 2019

TEATRO "DEZ PIRATAS"

Polo festival das Letras Galegas os rapaces de 3º A representaron a obra: "Dez piratas". Adaptada pola mestra Charo a partir do libro de Gloria Sánchez.

venres, 17 de maio de 2019

IRIA COLLAZO E LUZ BELOSO EN SEARA

Despois de pintar dous marabillosos murais no edificio de Educación Infantil, Luz Beloso e Iria Collazo viñeron a contarlle ao alumnado de 3º e 4º curso como foi o proceso de creación literaria e plástica do seu libro "A casa do paralelo 54".


venres, 12 de abril de 2019

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Durante marzo e abril plantamos no invernadoiro cenorias, porros, leitugas, remolachas, ervillas, tomates e pementos.

sábado, 6 de abril de 2019

VISITA AOS MONUMENTOS DE MOAÑA

Comezamos a nosa visita no Concello, cun guía de excepción: o escultor e pintor de Moaña Lito Portela, o autor da famosa “Caracola” de Cabo Home  e que conta con varias obras entre os monumentos de Moaña.
No concello vimos a escultura adicada ás mariscadoras.
A continuación dirixímonos cara a zona do Rosal: onde vimos o monumento Ó Emigrante da Escola de Canteiros e a Porta do Rosal do escultor Manuel Varela. Tamén vimos a escultura en memoria do motorista Dani Rivas.
Na rotonda seguinte observamos a Roseira Brava de Lito Portela, e preto do camiño ós institutos vimos O Avión de Papel de Xavier Fernández Ríos.
Na praza 25 de xuño puidemos contemplar as esculturas das aves metálicas de Roberto Brañas.
No parque do Pontillón vimos o monumento ós Animais Abandonados promovido pola presidenta da Asociación Protectora de Animais do Morrazo Lela Soage e realizado pola escultora Carmen Grandal (Kila). O lado vimos o monolito na honra dos represaliados. 
Continuamos polo paseo de beiramar para observar O Monumento ó Mariñeiro e ó Emigrante de Magín Picallo.
Despois achegámonos ata O Fisgón, obra de Manuel Varela, e ata O Bufón, o choco deseñado por Juan Rivas e realizado por Antón Salgueiro.
Seguimos o recorrido para ver o Paxaro Tolo, un cataventos, obra de Juan Rivas Peissman.
Máis adiante vimos a escultura do Mariñeiro Carrexador, de Siro López.
Camiñando polo paseo, deseñado tamén por Juan Rivas, atopámonos cunhas farolas deseñadas polo mesmo autor e chegamos ata a Balea Andoriña, idea tamén de Juan Rivas.
Unha visita moi interesante e que desfrutamos moitísimo grazas ó noso guía Lito Portela. 

mércores, 27 de marzo de 2019

luns, 18 de marzo de 2019

NOTICIAS POSITIVAS NA SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo celébrase a Semana da prensa na escola. Os rapaces de terceiro iniciaron a busca de noticias positivas nos periódicos, así quedou a súa corcheira:

xoves, 14 de marzo de 2019

APRENDENDO SOBRE COMPOSTAXE

Estas últimas semana tivemos un obradoiro de compostaxe.  Fixémolo en tres sesións: a primeira foi unha exposición teórica con imaxes, na segunda analizamos a composteira do cole, e na terceira visitamos unha composteira comunitaria.




Noticia en Faro de Vigo (Clica abaixo para lela)

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2019/03/12/ninos-colegio-seara-visitan-centro/2067012.html

Noticia na páxina de Deputación de Pontevedra (clica abaixo para lela)

https://www.depo.gal/es/-/noticia-o-ceip-seara-de-moana-apuntase-a-compostaxe