martes, 11 de decembro de 2018

SAÍDA A VIGO

Na saída a Vigo non so fomos a Aula de Interpretación das Illas Atlánticas e a o concerto de "Instrumentos Insólitos", tamén gozamos dun paseo do máis navideño.



venres, 23 de novembro de 2018

ANALIZANDO NOTICIAS COS ESCORNABOTS

Despois de buscar noticias científicas nos xornais, observar a súa estructura e aprender as preguntas clave ás que responden, o alumnado de 2º e 3º  practicou estes conceptos nos distintos taboleiros que preparamos para mover os escornabots. Un deles era das partes de calquera noticia nun xornal, o outro das preguntas as que responde unha noticia (no caso destes pequenos so vimos as catro principais: que, quen, cando e donde).

xoves, 15 de novembro de 2018

O magosto chega a Seara

A pesar da choiva e o frío, no CEIP Seara celebramos o magosto.
Non faltaron as castañas asadas e as caras manchadas con cinza.
Pasámolo xenial!!!




















martes, 6 de novembro de 2018

TEXTOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS

Outros dos nosos alumnos trouxeron as entrevistas aos avós por escrito. Podedes ver as respostas na seguinte presentación. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.

luns, 5 de novembro de 2018

VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE TERCEIRO

Meténdonos de cheo no proxecto  "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas  e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos:  todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza,  ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog da biblioteca todos os vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar. Novamente moitas grazas a todos!

Avoa de Malena:

Avoa de Iria:

xoves, 20 de setembro de 2018

EMPEZA UN NOVO CURSO

Aquí remata a andadura do alumnado de terceiro do curso pasado, e comeza a do alumnado de terceiro deste ano. Como medramos!


mércores, 23 de maio de 2018

martes, 10 de abril de 2018

COÑECEMOS MOAÑA

Recorremos todas as estatuas de Moaña, nunha actividade organizada polo concello.


luns, 9 de abril de 2018

ROSALÍA
  Este é o resultado da primeira experiencia, en solitario, do alumnado de terceiro coa técnica do stopmotion.



venres, 6 de abril de 2018

INVERNADOIRO


Onte xoves plantamos algunhas  cenorias no invernadoiro, tivemos sorte foi o único día da semana que non choveu.


domingo, 1 de abril de 2018

COMPOST

Buscamos, encontramos e coñecemos aos bichos que converten os residuos orgánicos en abono para os cultivos.



martes, 6 de febreiro de 2018


DA VINCI A EXPOSICIÓN 

O 26 de xaneiro visitamos en Vigo a exposición , onde a nosa sorpresa foi enorme, pois as réplicas das súas máquinas eran magníficas e sorprendentes. 


  

luns, 1 de xaneiro de 2018

CONCERTO

 O primeiro concerto do ano , non son a Filarmónica de Viena pero están en camiño...........