sábado, 19 de xuño de 2021

O FARO DA ESCOLA XA ESTÁ AQUÍ

Aquí tedes as viñetas e slogans relacionadas co noso proxecto que creamos para o Faro da Escola e que sairon moi pequerrechiñas no xornal:


A portada:
Os nosos artigos:


venres, 18 de xuño de 2021

xoves, 17 de xuño de 2021

MONUMENTOS DE MOAÑA

 Saimos a coñecer os monumentos de Moaña con guía de excepción: O artista moañés Lito Portela

luns, 7 de xuño de 2021

O MAR COMEZA AQUÍ

 Hoxe, 7 de xuño, tocounos aos nenas e nenas de 3º, a realización da actividade "O mar comeza aquí" para conmemorar o Día dos Océanos que se celebra mañá, 8 de xuño. O obxectivo é concienciar a todos de que o lixo que se bota á rúa vai parar polos sumidoiros  ao mar.

mércores, 2 de xuño de 2021

VISITA DO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE: MOAÑA SOSTIBLE

Empezamos xuño coa visita de Odilo, o concelleiro de Medio Ambiente de Moaña. que nos explicou as razóns polas que Moaña estase convertendo nunca cidade sostible e polas que recibiu a Bandeira Verde (premio ao esforzo dos concelhos comprometidos co cuidado da paisaxe e do medio ambiente). Algunhas destas razóns son: o cuidado do patrimonio, a reducción das emisión de CO", a correcta gestión do lixo, a importancia da compostaxe, a reducción do consumo energético coa instalación de leds, etc. 
Foi unha charla interesantísima!






martes, 1 de xuño de 2021

ECO-RETO DE XUÑO

O eco-reto deste mes trátase de realizar unha actividade polo medio ambiente. Algo que teña un efecto positivo na nosa contorna.



sábado, 15 de maio de 2021

luns, 10 de maio de 2021

CREACIÓNS PLÁSTICAS SOBRE A NENA, O MONSTRO E O MAR

 Despois da apaixoante lectura do libro "A nena, o monstro e o mar" e  das interesantes conversas coa escritora Teresa González, animámonos a plasmar de xeito plástico o que nos inspirou o libro.

mércores, 5 de maio de 2021

ECO-RETO DO MES DE MAIO

Aquí tedes as gráficas comparativas de como foi evolucionando o consumo de plásticos e papel no mes de  abril respecto ao mes de marzo. En maio seguiremos co mesmo reto e engadiremos un máis: buscar e coñecer algún dos seres vivos que andan polo patio do cole.

xoves, 29 de abril de 2021

CHARLAMOS COA AUTORA DA NENA, O MONSTRO E O MAR

Hoxe contamos coa visita virtual da escritora Teresa González, a autora do  libro "A nena, o monstro e o mar". Co libro xa rematado poidemos preguntarlle todas aquelas dúbidas e curiosidades que nos xurdiron. O certo é que desfrutamos da charla tanto coma do libro, foi xenial!




xoves, 22 de abril de 2021

ANXO MOURE EN SEARA

 No Día da Terra recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos e escritor, que chegou a Seara para convencernos, a través das palabras e da poesía, do importante que é que coidemos o noso planeta.







venres, 9 de abril de 2021

OBRADOIRO CON CHARO PITA

A volta das vacacións tiñamos unha sorpresa: un obradoiro coa escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Con ela aprendemos un pouquiño de como preparar e falar nun programa de radio. Tratábase dun programa sobre Aventureiras intrépidas e aínda que so tivemos a oportunidade de escoitar da súa man a vida de Mary Kingsley, quedamos absolutamente engaiolados polas peripecias que viviu esta aventureira.







xoves, 8 de abril de 2021

FALANDO COA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ

Hoxe unímonos á xuntanza virtual que o Faro da Escola organizou coa escritora Teresa González, a autora de A nena, o monstro e o mar. Éramos moitos os coles invitados e como aínda non remataramos de ler o libro tivemos que tapar os oídos nalgún momento para non enterarnos do final da historia, pero foi moi interesante. Ademais tivemos a oportunidade de preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades que tiñamos.





xoves, 1 de abril de 2021

ECO-RETO DO MES DE ABRIL

 Neste gráfico podedes ver a cantidade de plástico e papel que producimos no mes de marzo por aulas:

O reto do mes de abril consiste en intentar reducir a cantidade de plásticos e papel que botamos á reciclaxe. Ánimo!


Aquí tedes un interesante vídeo sobre o tema:

xoves, 25 de marzo de 2021

venres, 12 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Con motivo da Semana da Prensa na Escola estivemos remexendo nos xornais para atopar novas relacionadas coa Axenda 2030 e o noso proxecto de centro: "Camiñando cara o 2030".

Neste mural tedes o resultado do noso traballo:

martes, 9 de marzo de 2021

8 DE MARZO: AS MULLERES E O MAR

Merchi, a nai de Marcos Rúa, falounos dos traballos que tivo, primeiro foi mariñeira durante 15 anos, e desde hai uns 10 anos traballa de redeira. Explicounos en que consiste o seu traballo e por ela soubemos un montón de datos: como se organizan, canto tardan en facer un aparello, canto pode chegar a medir, a diferencia entre atar e armar... Incluso trouxo as agullas, a corda e un pequeno aparello para mostrarnos. Foi interesantísimo! Moitas grazas, Merchi!

Clicando na foto podedes ver a entrada e máis fotos da actividade no blog da Biblioteca.

martes, 2 de marzo de 2021

TRABALLOS SOBRE O OBXECTIVO 15

Aquí podedes ver os traballos que o alumnado de 3º curso fixo sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030.

Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber a estes problemas. 

luns, 1 de marzo de 2021

ECO-RETO DO MES DE MARZO

 Este mes imos medir a cantidade de plástico e papel que consumimos en cada aula para procurar unha solución que nos permita reducir ambos. 



domingo, 28 de febreiro de 2021

21 DÍAS EN GALEGO

 Cumplido o obxectivo de falar 21 días en galego recibimos o agasallo correspondente. Bo traballo chicos e chicas!

xoves, 25 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Pinchando na imaxe de abaixo imos ao blog da biblioteca onde está colgado o vídeo da rapazada de terceiro cantando "Maio longo"

Ir ao blog da Biblioteca

xoves, 18 de febreiro de 2021

SEMANA DE ENTROIDO EN SEARA

 Por mor do Covid-19 este curso tivemos un Entroido moi atípico. Pero polo menos poidemos divertirnos cumprindo as ordes da Meca, preparando a murga, e último día o tempo permitiunos cantar para todos, escoitar o testamento dos de sexto e queimar o "Coronameco".

Esta é a Meca que nos deu as ordes, feita con materiais de refugallo polos compañeiros de sexto curso:


Así viñemos o luns:

E desta guisa o martes:

O mércores traiamos moito sono... pero ninguén chegou tarde:

O xoves puxemos a proba a nosa creatividade, ademais da foto podedes ver os detalles dalgúns dos orixinais complementos:

O venres foi o día grande:









E aquí está a nosa murga: