sábado, 13 de abril de 2019
venres, 12 de abril de 2019
PLANTAMOS NO INVERNADOIRO
Durante marzo e abril plantamos no invernadoiro cenorias, porros, leitugas, remolachas, ervillas, tomates e pementos.
luns, 8 de abril de 2019
sábado, 6 de abril de 2019
VISITA AOS MONUMENTOS DE MOAÑA
Comezamos a nosa visita no Concello, cun guía de excepción: o escultor e pintor de Moaña Lito Portela, o autor da famosa “Caracola” de Cabo Home e que conta con varias obras entre os monumentos de Moaña.
No concello vimos a escultura adicada ás mariscadoras.
A continuación dirixímonos cara a zona do Rosal: onde vimos o monumento Ó Emigrante da Escola de Canteiros e a Porta do Rosal do escultor Manuel Varela. Tamén vimos a escultura en memoria do motorista Dani Rivas.
Na rotonda seguinte observamos a Roseira Brava de Lito Portela, e preto do camiño ós institutos vimos O Avión de Papel de Xavier Fernández Ríos.
Na praza 25 de xuño puidemos contemplar as esculturas das aves metálicas de Roberto Brañas.
No parque do Pontillón vimos o monumento ós Animais Abandonados promovido pola presidenta da Asociación Protectora de Animais do Morrazo Lela Soage e realizado pola escultora Carmen Grandal (Kila). O lado vimos o monolito na honra dos represaliados.
Continuamos polo paseo de beiramar para observar O Monumento ó Mariñeiro e ó Emigrante de Magín Picallo.
Despois achegámonos ata O Fisgón, obra de Manuel Varela, e ata O Bufón, o choco deseñado por Juan Rivas e realizado por Antón Salgueiro.
Seguimos o recorrido para ver o Paxaro Tolo, un cataventos, obra de Juan Rivas Peissman.
Máis adiante vimos a escultura do Mariñeiro Carrexador, de Siro López.
Camiñando polo paseo, deseñado tamén por Juan Rivas, atopámonos cunhas farolas deseñadas polo mesmo autor e chegamos ata a Balea Andoriña, idea tamén de Juan Rivas.
Unha visita moi interesante e que desfrutamos moitísimo grazas ó noso guía Lito Portela.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)