domingo, 28 de febreiro de 2021

21 DÍAS EN GALEGO

 Cumplido o obxectivo de falar 21 días en galego recibimos o agasallo correspondente. Bo traballo chicos e chicas!

xoves, 25 de febreiro de 2021

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 Pinchando na imaxe de abaixo imos ao blog da biblioteca onde está colgado o vídeo da rapazada de terceiro cantando "Maio longo"

Ir ao blog da Biblioteca

xoves, 18 de febreiro de 2021

SEMANA DE ENTROIDO EN SEARA

 Por mor do Covid-19 este curso tivemos un Entroido moi atípico. Pero polo menos poidemos divertirnos cumprindo as ordes da Meca, preparando a murga, e último día o tempo permitiunos cantar para todos, escoitar o testamento dos de sexto e queimar o "Coronameco".

Esta é a Meca que nos deu as ordes, feita con materiais de refugallo polos compañeiros de sexto curso:


Así viñemos o luns:

E desta guisa o martes:

O mércores traiamos moito sono... pero ninguén chegou tarde:

O xoves puxemos a proba a nosa creatividade, ademais da foto podedes ver os detalles dalgúns dos orixinais complementos:

O venres foi o día grande:









E aquí está a nosa murga:

venres, 5 de febreiro de 2021

AS ORDES DA MECA

 Este ano por mor da Covid non podemos celebrar o Entroido coma todos os anos, pero non imos quedar sen as ordes do Meco, este ano é a Meca, para pasar unha semana moi divertida, pero sempre sen esquecer coidar o noso planeta.




xoves, 4 de febreiro de 2021

DÍA DA PAZ

 O tempo impediunos celebrar o 30 de xaneiro o Día da Paz, pero finalmente puidemos facelo unha semana máis tarde. A montaxe que preparou Tini, a profe de música, foi espectacular, e ademais relacionado co proxecto deste curso. Se pinchades na foto podedes ir ao blog da biblioteca para ver o vídeo.

PRIMEIRO CARANVEXORNAL DESTE CURSO

Podedes clicar na foto para velo



mércores, 3 de febreiro de 2021

ECO-RETO DE FEBREIRO

O noso eco-reto de febreiro  está relacionado co Entroido. Trátase de usar a cabeciña para ser ecolóxico e cumprir as ordes que moi pronto nos dará a Meca. Non esquezades ser creativos! Viva a imaxinación!