Hoxe contamos coa visita virtual da escritora Teresa González, a autora do libro "A nena, o monstro e o mar". Co libro xa rematado poidemos preguntarlle todas aquelas dúbidas e curiosidades que nos xurdiron. O certo é que desfrutamos da charla tanto coma do libro, foi xenial!
xoves, 29 de abril de 2021
venres, 23 de abril de 2021
xoves, 22 de abril de 2021
ANXO MOURE EN SEARA
No Día da Terra recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos e escritor, que chegou a Seara para convencernos, a través das palabras e da poesía, do importante que é que coidemos o noso planeta.
venres, 9 de abril de 2021
OBRADOIRO CON CHARO PITA
A volta das vacacións tiñamos unha sorpresa: un obradoiro coa escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Con ela aprendemos un pouquiño de como preparar e falar nun programa de radio. Tratábase dun programa sobre Aventureiras intrépidas e aínda que so tivemos a oportunidade de escoitar da súa man a vida de Mary Kingsley, quedamos absolutamente engaiolados polas peripecias que viviu esta aventureira.
xoves, 8 de abril de 2021
FALANDO COA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ
Hoxe unímonos á xuntanza virtual que o Faro da Escola organizou coa escritora Teresa González, a autora de A nena, o monstro e o mar. Éramos moitos os coles invitados e como aínda non remataramos de ler o libro tivemos que tapar os oídos nalgún momento para non enterarnos do final da historia, pero foi moi interesante. Ademais tivemos a oportunidade de preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades que tiñamos.
xoves, 1 de abril de 2021
ECO-RETO DO MES DE ABRIL
Neste gráfico podedes ver a cantidade de plástico e papel que producimos no mes de marzo por aulas:
O reto do mes de abril consiste en intentar reducir a cantidade de plásticos e papel que botamos á reciclaxe. Ánimo!