mércores, 23 de decembro de 2020

VISITA DOS REIS MAGOS

 A pesares da pandemia poidemos recibir a visita dos Reis Magos de Oriente e entregarlle as nosas cartas.





luns, 21 de decembro de 2020

venres, 18 de decembro de 2020

MOAÑA LIBRE DE PLÁSTICOS

Esta semana tivemos unha charla do proxecto "Moaña libre de plásticos" que está a desenvolver o Concello. Seguimos polo tanto afondando no noso proxecto "Cara ao 2030" e aprendendo cousas que podemos facer polo noso planeta.



mércores, 2 de decembro de 2020

SEMANA DA CIENCIA: CON ESTE EXPERIMENTO EXPLICAMOS AOS DE PRIMEIRO COMO ACTÚA O XABÓN CONTRA A COVID-19

Unha pinga de xabón diluída en auga é suficiente para matar moitos tipos de bacterias e virus, incluído o novo coronavirus Covid-19. O segredo é a estrutura das moléculas que forman o xabón.

No experimento vemos como o xabón fai "desaparecer" o aceite e as especias que frotan sobre a auga (igual que fai desaparecer o virus). Os patógenos do coronavirus teñen membranas lípidas (como o aceite que usamos no experimento). Cando lavas as túas mans con auga e xabón rodeas calquera virus coas moléculas de xabón, que se introducen nas envolturas graxas dos virus e os matan.

Así que lavar as mans con auga e xabón é unha das prácticas máis importantes para cuidar a nosa saúde e pode frear a taxa de contaxio dunha pandemia. O xabón protéxenos a todos.

martes, 24 de novembro de 2020

xoves, 19 de novembro de 2020

CHARLA SOBRE MEDIOAMBIENTE E COMPOSTAXE

Recibimos a visita de Antón, do programa Revitaliza, que nos falou sobre como foi cambiando ao longo do tempo o que os seres humanos facemos co lixo, da importancia das tres R (Reducir, Reciclar, Reutilizar) e do compost.

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

A rapazada de terceiro achegouse a Radio Seara para gravar os contos de medo que escribiron polo Samaín. Aquí tedes o resultado en dous capítulos de relatos moi terroríficos:

 

mércores, 11 de novembro de 2020

SABEMOS COMO FUNCIONA O BARCO DA PELI DE PONYO

Xa sabemos como funciona o barco de Sosuke, o que Ponyo fai xigante coa súa maxia. Trátase dun motor a vapor, chámanlle motor pop pop, inventado en 1891. O barco ten unha caldeira formada por uns tubos de cobre que hai que encher de auga, úsase unha vela para quentar esa auga, Os tubos sobresaen pola popa do barco, ó quentar a auga da caldeira esta móvese e sae polos tubos facendo navegar o barco.



luns, 2 de novembro de 2020

ECO-RETO DE NOVEMBRO

Como xa sabedes, o proxecto anual de centro deste curso leva por título “Camiñando cara o 2030”.

Con el pretendemos fomentar no alumnado hábitos e actitudes de respecto e coidado ao medio

ambiente. Desta ilusión nace esta proposta dos “Eco-Retos” que consiste no seguinte:

Cada mes, haberá un Eco-Reto diferente que tratará accións encamiñadas a concienciar sobre algún

aspecto relacionado cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible (diminución

de plásticos de un só uso, reciclaxe, eficiencia enerxética, hábitos de consumo responsable…).

Cada alumn@ terá un carné propio no que irá rexistrando os retos que vaia conseguindo ao longo

deste curso. 

Animamos as familias a que participedes xunto cos nen@s xa que o exemplo ten máis forza que as

normas.



Aquí tedes tamén unha interesante curta relacionada co tema e que podedes ver en familia:

sábado, 31 de outubro de 2020

SAMAÍN 2020

 Un Samaín moi atípico o que nos tocou vivir este ano, sen exposicións de cabazas nin de libros de medo na Biblioteca. Pero non por iso perdemos a ledicia.

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d342673239k8843044o2l1/Saman_2020

luns, 12 de outubro de 2020

domingo, 11 de outubro de 2020

CINE NA CLASE: PONYO NO ACANTILADO

 Na clase temos tempo para todo, mesmo para o cine, aproveitamos para ver e disfrutar da película "Ponyo no acantilado" do director xaponés Hayao Miyazaki, a historia da amizade entre Sosuke, un neno humano, e Ponyo, unha princesa peixe. 

sábado, 10 de outubro de 2020

O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR

Máis lecturas conxuntas: Esta vez tocoulle ao libro que mercaramos o curso pasado e que por mor da pandemia non poidemos ler: O raposo aviador que voa sen motor do escritor Antonio Reigosa.

venres, 9 de outubro de 2020

O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS

Seguimos cos itinerarios lectores á hora de ler: esta vez lemos "O día que choveu do revés" da escritora María Canosa. Podedes ver aquí os debuxos que fixemos ao finalizar.

luns, 28 de setembro de 2020

A NOSA PRIMEIRA LECTURA CONXUNTA: VERLIOKA

Unha das cousas que facemos á hora de ler é lectura en común, para iso utilizamos os itinerarios lectores que temos na nosa Biblioteca. Comezamos coa historia do xigante Verlioka, aquí tedes os debuxos que fixeron ao rematar o conto:  

venres, 11 de setembro de 2020

CONVIVINDO CO CORONAVIRUS

Neste comezo de curso é importante falar da Covid-19 e da situación que estamos vivindo. Moi interesante o vídeo de como lavar as mans e o rap da tos e o cóbado.




martes, 8 de setembro de 2020

COMO FACER UNHA PRESENTACIÓN EN GOOGLE DRIVE (PRESENTACIÓNS DE GOOGLE)

Aquí abaixo deixovos un par de titoriais de como facer presentacións en Google Drive. Funciona de forma parecida a Power Point, pero xa se fai on line, sen necesidade de ter o programa instalado no ordenador, solo necesitades ter un correo de gmail, e pódese compartir directamente co correo das profes.




luns, 7 de setembro de 2020

COMO FACER UNHA PRESENTACIÓN CON POWER POINT

 Para realizar as nosas exposicións podemos utilizar o programa Power Point para facer presentacións. Aquí tedes un titorial para aprender a utilizalo:




martes, 1 de setembro de 2020

MULTIPLICAMOS

preme aquí







SEGUIMOS MULTIPLICANDO

Aquí tendes un montón de xogos para que non haxa ningún número que se vos resista.