Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de marzo de 2021

TRABALLOS SOBRE O OBXECTIVO 15

Aquí podedes ver os traballos que o alumnado de 3º curso fixo sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030.

Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber a estes problemas. 

mércores, 2 de decembro de 2020

SEMANA DA CIENCIA: CON ESTE EXPERIMENTO EXPLICAMOS AOS DE PRIMEIRO COMO ACTÚA O XABÓN CONTRA A COVID-19

Unha pinga de xabón diluída en auga é suficiente para matar moitos tipos de bacterias e virus, incluído o novo coronavirus Covid-19. O segredo é a estrutura das moléculas que forman o xabón.

No experimento vemos como o xabón fai "desaparecer" o aceite e as especias que frotan sobre a auga (igual que fai desaparecer o virus). Os patógenos do coronavirus teñen membranas lípidas (como o aceite que usamos no experimento). Cando lavas as túas mans con auga e xabón rodeas calquera virus coas moléculas de xabón, que se introducen nas envolturas graxas dos virus e os matan.

Así que lavar as mans con auga e xabón é unha das prácticas máis importantes para cuidar a nosa saúde e pode frear a taxa de contaxio dunha pandemia. O xabón protéxenos a todos.

martes, 24 de novembro de 2020

xoves, 19 de novembro de 2020

CHARLA SOBRE MEDIOAMBIENTE E COMPOSTAXE

Recibimos a visita de Antón, do programa Revitaliza, que nos falou sobre como foi cambiando ao longo do tempo o que os seres humanos facemos co lixo, da importancia das tres R (Reducir, Reciclar, Reutilizar) e do compost.

mércores, 11 de novembro de 2020

SABEMOS COMO FUNCIONA O BARCO DA PELI DE PONYO

Xa sabemos como funciona o barco de Sosuke, o que Ponyo fai xigante coa súa maxia. Trátase dun motor a vapor, chámanlle motor pop pop, inventado en 1891. O barco ten unha caldeira formada por uns tubos de cobre que hai que encher de auga, úsase unha vela para quentar esa auga, Os tubos sobresaen pola popa do barco, ó quentar a auga da caldeira esta móvese e sae polos tubos facendo navegar o barco.



luns, 12 de outubro de 2020

luns, 11 de setembro de 2017


OS ANIMAIS




























                   
                                                 

sábado, 9 de setembro de 2017

LEONARDO DA VINCI

O venres día 26 iremos de excursión a Vigo para facer un longo percorrido pola obra do gran xenio que foi Leonardo da Vinci na exposición " DA VINCI ,LA EXPOSICIÓN".



     



           



xoves, 7 de setembro de 2017

Estudamos o relevo de Galicia

Este mes estivemos a traballar o relevo de Galicia. Para axudarvos de cara ao exame, aquí vos deixamos un resumo. Moito ánimo e sorte!!


luns, 4 de setembro de 2017

  OS SENTIDOS

Aqui tendes varios enlaces para seguir aprendendo máis cousas sobre os sentidos.