Aquí tedes as viñetas e slogans relacionadas co noso proxecto que creamos para o Faro da Escola e que sairon moi pequerrechiñas no xornal:
sábado, 19 de xuño de 2021
venres, 18 de xuño de 2021
MONUMENTOS DE MOAÑA COS ESCORNABOTS
Despois da nosa saída para coñecer os Monumentos de Moaña xogamos cos escornabots e repasamos todo o aprendido
xoves, 17 de xuño de 2021
MONUMENTOS DE MOAÑA
Saimos a coñecer os monumentos de Moaña con guía de excepción: O artista moañés Lito Portela
luns, 7 de xuño de 2021
O MAR COMEZA AQUÍ
Hoxe, 7 de xuño, tocounos aos nenas e nenas de 3º, a realización da actividade "O mar comeza aquí" para conmemorar o Día dos Océanos que se celebra mañá, 8 de xuño. O obxectivo é concienciar a todos de que o lixo que se bota á rúa vai parar polos sumidoiros ao mar.
mércores, 2 de xuño de 2021
VISITA DO CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE: MOAÑA SOSTIBLE
martes, 1 de xuño de 2021
ECO-RETO DE XUÑO
O eco-reto deste mes trátase de realizar unha actividade polo medio ambiente. Algo que teña un efecto positivo na nosa contorna.
xoves, 27 de maio de 2021
mércores, 26 de maio de 2021
martes, 25 de maio de 2021
AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: NELLIE BLY
Alexia, Ian e Aitana investigaron para o programa "Aventureiras intrépidas" de Radio Seara sobre Nellie Bly
luns, 24 de maio de 2021
AVENTUREIRAS INTRÉPIDAS: WANGARI MAATHAI
Daniela, Nerea e Desi investigaron para o programa "Aventureiras intrépidas" de Radio Seara sobre Wangari Maathai.
sábado, 15 de maio de 2021
CUMPRINDO O ECO-RETO DO MES DE MAIO
O eco-reto de maio fíxonos moita ilusión: buscar seres vivos no colexio e anotar oa que atopabamonos.
venres, 14 de maio de 2021
luns, 10 de maio de 2021
CREACIÓNS PLÁSTICAS SOBRE A NENA, O MONSTRO E O MAR
Despois da apaixoante lectura do libro "A nena, o monstro e o mar" e das interesantes conversas coa escritora Teresa González, animámonos a plasmar de xeito plástico o que nos inspirou o libro.
mércores, 5 de maio de 2021
ECO-RETO DO MES DE MAIO
Aquí tedes as gráficas comparativas de como foi evolucionando o consumo de plásticos e papel no mes de abril respecto ao mes de marzo. En maio seguiremos co mesmo reto e engadiremos un máis: buscar e coñecer algún dos seres vivos que andan polo patio do cole.
xoves, 29 de abril de 2021
CHARLAMOS COA AUTORA DA NENA, O MONSTRO E O MAR
Hoxe contamos coa visita virtual da escritora Teresa González, a autora do libro "A nena, o monstro e o mar". Co libro xa rematado poidemos preguntarlle todas aquelas dúbidas e curiosidades que nos xurdiron. O certo é que desfrutamos da charla tanto coma do libro, foi xenial!
venres, 23 de abril de 2021
xoves, 22 de abril de 2021
ANXO MOURE EN SEARA
No Día da Terra recibimos a visita de Anxo Moure, contacontos e escritor, que chegou a Seara para convencernos, a través das palabras e da poesía, do importante que é que coidemos o noso planeta.
venres, 9 de abril de 2021
OBRADOIRO CON CHARO PITA
A volta das vacacións tiñamos unha sorpresa: un obradoiro coa escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Con ela aprendemos un pouquiño de como preparar e falar nun programa de radio. Tratábase dun programa sobre Aventureiras intrépidas e aínda que so tivemos a oportunidade de escoitar da súa man a vida de Mary Kingsley, quedamos absolutamente engaiolados polas peripecias que viviu esta aventureira.
xoves, 8 de abril de 2021
FALANDO COA ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ
Hoxe unímonos á xuntanza virtual que o Faro da Escola organizou coa escritora Teresa González, a autora de A nena, o monstro e o mar. Éramos moitos os coles invitados e como aínda non remataramos de ler o libro tivemos que tapar os oídos nalgún momento para non enterarnos do final da historia, pero foi moi interesante. Ademais tivemos a oportunidade de preguntarlle algunhas dúbidas e curiosidades que tiñamos.
xoves, 1 de abril de 2021
ECO-RETO DO MES DE ABRIL
Neste gráfico podedes ver a cantidade de plástico e papel que producimos no mes de marzo por aulas:
O reto do mes de abril consiste en intentar reducir a cantidade de plásticos e papel que botamos á reciclaxe. Ánimo!
xoves, 25 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA EN SEARA
Entre todos os cursos escribimos unha poesía, clicade na foto para ir ao blog da biblioteca e ver o resultado.
venres, 12 de marzo de 2021
SEMANA DA PRENSA
Con motivo da Semana da Prensa na Escola estivemos remexendo nos xornais para atopar novas relacionadas coa Axenda 2030 e o noso proxecto de centro: "Camiñando cara o 2030".
Neste mural tedes o resultado do noso traballo:
martes, 9 de marzo de 2021
8 DE MARZO: AS MULLERES E O MAR
Merchi, a nai de Marcos Rúa, falounos dos traballos que tivo, primeiro foi mariñeira durante 15 anos, e desde hai uns 10 anos traballa de redeira. Explicounos en que consiste o seu traballo e por ela soubemos un montón de datos: como se organizan, canto tardan en facer un aparello, canto pode chegar a medir, a diferencia entre atar e armar... Incluso trouxo as agullas, a corda e un pequeno aparello para mostrarnos. Foi interesantísimo! Moitas grazas, Merchi!
Clicando na foto podedes ver a entrada e máis fotos da actividade no blog da Biblioteca.
martes, 2 de marzo de 2021
TRABALLOS SOBRE O OBXECTIVO 15
Aquí podedes ver os traballos que o alumnado de 3º curso fixo sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030.
Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber a estes problemas.
luns, 1 de marzo de 2021
ECO-RETO DO MES DE MARZO
Este mes imos medir a cantidade de plástico e papel que consumimos en cada aula para procurar unha solución que nos permita reducir ambos.
domingo, 28 de febreiro de 2021
21 DÍAS EN GALEGO
Cumplido o obxectivo de falar 21 días en galego recibimos o agasallo correspondente. Bo traballo chicos e chicas!
xoves, 25 de febreiro de 2021
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Pinchando na imaxe de abaixo imos ao blog da biblioteca onde está colgado o vídeo da rapazada de terceiro cantando "Maio longo"
Ir ao blog da Biblioteca |
xoves, 18 de febreiro de 2021
SEMANA DE ENTROIDO EN SEARA
Por mor do Covid-19 este curso tivemos un Entroido moi atípico. Pero polo menos poidemos divertirnos cumprindo as ordes da Meca, preparando a murga, e último día o tempo permitiunos cantar para todos, escoitar o testamento dos de sexto e queimar o "Coronameco".
Esta é a Meca que nos deu as ordes, feita con materiais de refugallo polos compañeiros de sexto curso: