Entre todos os cursos escribimos unha poesía, clicade na foto para ir ao blog da biblioteca e ver o resultado.
xoves, 25 de marzo de 2021
venres, 12 de marzo de 2021
SEMANA DA PRENSA
Con motivo da Semana da Prensa na Escola estivemos remexendo nos xornais para atopar novas relacionadas coa Axenda 2030 e o noso proxecto de centro: "Camiñando cara o 2030".
Neste mural tedes o resultado do noso traballo:
martes, 9 de marzo de 2021
8 DE MARZO: AS MULLERES E O MAR
Merchi, a nai de Marcos Rúa, falounos dos traballos que tivo, primeiro foi mariñeira durante 15 anos, e desde hai uns 10 anos traballa de redeira. Explicounos en que consiste o seu traballo e por ela soubemos un montón de datos: como se organizan, canto tardan en facer un aparello, canto pode chegar a medir, a diferencia entre atar e armar... Incluso trouxo as agullas, a corda e un pequeno aparello para mostrarnos. Foi interesantísimo! Moitas grazas, Merchi!
Clicando na foto podedes ver a entrada e máis fotos da actividade no blog da Biblioteca.
martes, 2 de marzo de 2021
TRABALLOS SOBRE O OBXECTIVO 15
Aquí podedes ver os traballos que o alumnado de 3º curso fixo sobre o Obxectivo 15 da Axenda 2030.
Por un lado averiguaron cales son as distintas formas de contaminación ás que se enfrontan os hábitats terrestres e os animais que habitan neles, e por outro lado investigaron cales son as posibles solucións que pode haber a estes problemas.
luns, 1 de marzo de 2021
ECO-RETO DO MES DE MARZO
Este mes imos medir a cantidade de plástico e papel que consumimos en cada aula para procurar unha solución que nos permita reducir ambos.