Despois de buscar noticias científicas nos xornais, observar a súa estructura e aprender as preguntas clave ás que responden, o alumnado de 2º e 3º practicou estes conceptos nos distintos taboleiros que preparamos para mover os escornabots. Un deles era das partes de calquera noticia nun xornal, o outro das preguntas as que responde unha noticia (no caso destes pequenos so vimos as catro principais: que, quen, cando e donde).
venres, 23 de novembro de 2018
xoves, 22 de novembro de 2018
CÁLCULO MENTAL COS ESCORNABOTS
Practicamos por turnos sumas e restas levando os ESCORNABOTS ata a solución:
xoves, 15 de novembro de 2018
O magosto chega a Seara
A pesar da choiva e o frío, no CEIP Seara celebramos o magosto.
Non faltaron as castañas asadas e as caras manchadas con cinza.
Pasámolo xenial!!!
Non faltaron as castañas asadas e as caras manchadas con cinza.
Pasámolo xenial!!!
martes, 6 de novembro de 2018
TEXTOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS
Outros dos nosos alumnos trouxeron as entrevistas aos avós por escrito. Podedes ver as respostas na seguinte presentación. Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.
luns, 5 de novembro de 2018
VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE TERCEIRO
Meténdonos de cheo no proxecto "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos: todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza, ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog da biblioteca todos os vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar. Novamente moitas grazas a todos!
Avoa de Malena:
Avoa de Iria:
sábado, 3 de novembro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)