luns, 5 de novembro de 2018

VÍDEOS: POLO SAMAÍN ENTREVISTAMOS AOS AVÓS E AVOAS DE TERCEIRO

Meténdonos de cheo no proxecto  "Comunicando" pedimos aos nenos que fixeran de xornalistas  e preguntaran aos seus avós e avoas como eran antes estes días.
Descubrimos que cando eran pequenos non celebraban o Samaín, celebraban o Día de Defuntos:  todos ían ao cemiterio a limpar e poñer flores, a maioría oían misa, ceaban todos xuntos bacallao con verduras e de postre tomaban castañas, mazáns asadas e chulas de cabaza,  ademáis esa noite deixaban a mesa sen recoller por se viñan os mortos a cear, poñían velas dentro da casa, e algúns, os máis rebuldeiros, facían caliveras coas cabazas e as poñían nos camiños para asustar á xente.
Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración, moi especialmente aos avós que tan amablemente se prestaron a ser entrevistados. Intentaremos colgar no blog da biblioteca todos os vídeos, audios e entrevistas escritas que nos fixestes chegar. Novamente moitas grazas a todos!

Avoa de Malena:

Avoa de Iria:

Ningún comentario:

Publicar un comentario